Heat 1X Tycho Brahe
Heat-1X-Tycho-Brahe é a denominación dada ao primeiro foguete espacial contruído de maneira voluntaria e sen ánimo de lucro[1] (financiado con doazóns e sponsors) que pretendía alcanzar unha altura de 30 quilómetros o 5 de setembro de 2010, obxectivo fallado na primeira tentativa, na illa de Bornholm, a causa dunha mala conexión eléctrica[2].
Historia e características
[editar | editar a fonte]Trátase dunha iniciativa privada a cargo dos enxeñeiros Peter Madsen e Kristian von Bengtson, que soamente contou cun orzamento de 300.000 coroas[3], algo máis de 40.000 euros. A construción correu a cargo deles, así como o financiamento, para o cal se valeron de patrocinadores e doazóns.[4]
O foguete tiña unha lonxitude de 9 metros e un peso de 1,6 toneladas.[5] O nome vénlle en homenaxe a Tycho Brahe, figura destacada da astronomía dinamarquesa grazas a, entre outras cousas, as súas observación de supernova 1572.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ The world’s first volunteer-built, not-for-profit passenger rocket (en inglés)
- ↑ Failed attempt to launch the first rocket craft Danish Arquivado 03 de xaneiro de 2011 en Wayback Machine. (en inglés)
- ↑ Science.orf.at Arquivado 04 de setembro de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)
- ↑ N-TV (en inglés)
- ↑ Rocket launch set for Saturday Arquivado 05 de setembro de 2010 en Wayback Machine., nova no Copenhagen Post] (en inglés)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Portal da enxeñaría dinamarqués comentando o proxecto de Madsen e Bengston. (en dinamarqués)